domingo, 1 de abril de 2012

Fragas do Eume

Fragas do Eume
Localización: Cabanas, A Capela, Pontedeume, Monfero, As Pontes de García Rodríguez.


O Parque Natural das Fragas do Eume é un dos exemplos de bosque atlántico termófílo europeo mellor conservado, sitio de referencia pola súa biodiversidade e podendo tamén ser considerado como un refuxio natural e moitas especies endémicas e calificadas como en perigo de extinción.
O Parque Natural abrangue un total dunhas 9,126 hectáreas repartidas ó longo da beira do Eume, outro dos elementos principais do Parque.
Foi declarado Parque Natural no ano 1997 e tamén recibiu a denominación de Lugar de Importancia Comunitaria.


Como xa expliquei, as Fragas do Eume son consideradas como o mellor exemplo de bosque atlántico de todo o continente europeo; destacan hai moitas especies de felgos que podemos topar no parque, moitos deles xa habitaron a terra fai uns 3,000,000 de anos, polo que poden considerarse como fósiles vivintes.
Algunhas destas especies de felgos estiveron relacionadas coa vexetación subtropical que poboaba as beiras do Mar de Tetis, era unha vexetación moi abundante debido as condicións climáticas de humidade e temperatura, algo moi similar o que acontece actualmente nas zonas de clima tropical, nas selvas. Tralas glaciacións esta vexetación foi quedando recluída a zonas moi concretas da Península e Illas Canarias; entre elas as Fragas do Eume.
Dentro da vexetación arbórea é o carballo (quercus robur) que está en pleno proceso de repoboación nalgunhas zonas do Parque onde estivera sendo sustituído por bideuiros.
Os castiñeiros (castanea sativa) tamén son outra das especies máis importantes que nos podemos topar no parque xuntos cos bidueiros (betula alba) que é a terceira especie en importancia.
Nas beiras do río Eume, como dixemos un dos elementos tamén imprescindibles temos unha boa representación dos bosques de ribeira cos ameneiros (alnus glutinosa), salgueiros (salix atrocinerea), freixo (fraxinus excelsior) e o pradairo (acer pseudoplatanus).
Tamén e frecuente atopar outras especies como poden ser: abeleira, cerqueiro, loureiro, olmo, acivro, teixo, ou maceira brava.


As especies animais, a fauna, é tamén moi importante neste espazo, o cal actúa como un refuxio para moitas destas especies, para outras como un medio singular de vida; sen el moitas non poderían sobrevivir.
Unha das principais especies desta zona son os anfibios, é o seu lugar idóneo de vida posto que a elevada humdiade favorece a vida destes animais; o principal é a píntega común aínda que hai outras moitas, como o sapo común, ra vermella, ou a tan importante saramanganta por ser un endemismo do noroeste peninsular.
As aves sobre todo de rapiña son as máis comúns desta zona: miñato negro, o azor, bufo pequeno, curuxa, etc.
Os mamíferos máis importantes, con maior presenza son: corzos, xabalís, cervos, raposos, os lobos, gato montés ou xaneta entre outros.
Tamén e importante a presenza de invertebrados: caracol de Quimper, lesmas, escornabois ou as vacalouras. Destaca tamén a presenza dos mexillóns de río.


A intervención humana dentro dos límites do Parque das Fragas do Eume é moi limitada, debido a fraxilidade deste ecosistema, é un dos espazos máis visitados dentro da nosa comunidade, un dos corazón naturais de Galicia; pero a pesar diso, foi o foco dun dos incendios provocados máis importantes que tivemos na nosa comunidade dende a gran oleada de lumes do 2006; xa van unha 750 hectáreas arrasadas polo lume, que parece non querer deterse, axudado polas altas temperaturas e a dificultade para a súa extinción.
Un dos maiores tesouros que tiñamos na comunidade, unha das nosas xoias arrasadas como ano tras ano está sendo arrasado o noso territorio por lumes intencionados.



"O mellor que a natureza lle dou ó home é a brevedade da súa vida"

No hay comentarios:

Publicar un comentario